Far west?
Relato os feitos tal e como mos comentan (perdoade a linguaxe telegráfica):
Cidadán exemplar aparca (ou pousa) o seu flamante vehículo tal e como podedes ver nas imaxes. Calquera vehículo ten serios problemas para pasar; pero un vehículo grande teno imposible. Testemuñas aseguran que xa estaba nesa posición ás 10 da mañá.
Ás 14:40, aproximadamente, veciño indignado (e creo que cívico) chama á Policia Local informando da situación. (Anteriormente outro veciño, seguramente non tan indignado, ponlle un cartel no parabrisas que reza: "Vaia aparcamento, Vaia morro"). Pasadas as 15 horas chega o coche patrulla que queda esperando ata que ás 15:15 (aprox) aparece o dono do coche e, despois dunhas risas cos policias, saca o seu coche do lugar.
Acto seguido policía chama a veciño indignado e dille que xa está arranxado o problema. Veciño pregúntalle pola multa e policia local confesa que arranxou sen multa.
Eu confeso que, sempre que se poida, debese arranxar todo polas boas pero...
...veciño indignado, despois de tantas horas o coche estorbando, pregúntase:
Era o dono do coche coñecido dos policías?
Se o coche fora dun descoñecido poñerían multa?
Volverá o cidadán exemplar a aparcar de xeito parecido xa que lle sale gratis?
Eu pregúntome:
Deixará o veciño indignado de ser cívico e, en vez de chamar á autoridade, esperará a ver se alguén bate co coche e llo raia ou esperará a ver se ven outro veciño máis indignado e menos cívico e lle pincha unha roda?
Esta linguaxe recórdame ao far west.
Pontedeume, ás veces, recórdame ao far west.