Far west?
Relato os feitos tal e como mos comentan (perdoade a linguaxe telegráfica):
Cidadán exemplar aparca (ou pousa) o seu flamante vehículo tal e como podedes ver nas imaxes. Calquera vehículo ten serios problemas para pasar; pero un vehículo grande teno imposible. Testemuñas aseguran que xa estaba nesa posición ás 10 da mañá.
Ás 14:40, aproximadamente, veciño indignado (e creo que cívico) chama á Policia Local informando da situación. (Anteriormente outro veciño, seguramente non tan indignado, ponlle un cartel no parabrisas que reza: "Vaia aparcamento, Vaia morro"). Pasadas as 15 horas chega o coche patrulla que queda esperando ata que ás 15:15 (aprox) aparece o dono do coche e, despois dunhas risas cos policias, saca o seu coche do lugar.
Acto seguido policía chama a veciño indignado e dille que xa está arranxado o problema. Veciño pregúntalle pola multa e policia local confesa que arranxou sen multa.
Eu confeso que, sempre que se poida, debese arranxar todo polas boas pero...
...veciño indignado, despois de tantas horas o coche estorbando, pregúntase:
Era o dono do coche coñecido dos policías?
Se o coche fora dun descoñecido poñerían multa?
Volverá o cidadán exemplar a aparcar de xeito parecido xa que lle sale gratis?
Eu pregúntome:
Deixará o veciño indignado de ser cívico e, en vez de chamar á autoridade, esperará a ver se alguén bate co coche e llo raia ou esperará a ver se ven outro veciño máis indignado e menos cívico e lle pincha unha roda?
Esta linguaxe recórdame ao far west.
Pontedeume, ás veces, recórdame ao far west.
4 comentarios:
Noraboa pois eu non sería quen de explicar tan ben coma ti esa situación, situación que xa non é de agora, pois xa ten pasado mais veces e o peor de todo e que seguirá a pasar.
Unha aperta.
outro deses casos en que o tamaño do coche é inversamente proporcional ao do cerebro do propietario
A principios del mes de Septiembre, en la calle Río Eume de Pontedeume, habia estacionado mi vehículo. A la hora de retirarlo, para ir a trabajar, se encontraba un vehículo literalmente cruzado impidiendo mi salida y la de otro estacionado. Después de esperar unos 10 min. aprosimadamente, me decídí a llamar a la Policia Local. Me contestan que en breve se personarán en el sitio....., transcurridos 30 minutos desde que llame y no apareciendo la Policia Local empecé a preguntar a vecinos y comerciantes.
Después de tan larga espera, y ya que de todas maneras ya llegaba tarde a mi trabajo, apareció la implicada. Preguntandole la razón de su acción, amablemente por supuesto, me sugirió que porque no habia tocado el clason....respondiendole que no tenia porque armar barullo.
En fin la cosa quedó que llegué tarde a mi puesto de trabajo, y que la efectividad de la Policia Local quedaba patente, ya que al pasar por enfrente a Foremdes se encontraban estacionados el todoterreno y el coche de los PL.
A incompetencia dos Locais nesta vila está patente dende hai tempo. Sempre coa excusa de "falta de presuposto" non hai mais efectivos. (logo cambian as baldosas da rua do mercado cada 2 meses... pero non hai carto).
O descontrol e "jeta" da xente desta vila non é culpa da propia xente, vale que hai que ser persoa un pouco racional e considerada co resto da xente. PEro ¿para que o vou ser si ninguén o é comigo? ¿para que o vou facer ben si total ninguen me multara nin me darán un toque dos serios?
Asi esta a cousa. A xente pon o coche onde lle sae do carallo (pasos de peons, saidas dos colexios, vados, beirarruas, zonas de minusválidos...)
¿canta multa? Nin unha. E menos si tes un cochazo e non quero decir si coñeces a alguen.
Asi vai a vila
Publicar un comentario