Mexan por nos?
Os deputados e senadores tamén atan o seu sobresoldo para cando deixen de ser os nosos representantes. Uns 28000 euros de media de indemnización se non os votamos e, polo tanto, non saen reelixidos.
Indemnizarannos eles a nos pola súa falta ao traballo?
Ou por non cumprir ás promesas electorais?
O primeiro dos nosos representantes debe ser dar BO exemplo.
Non vos parece isto o máis parecido a un atraco?
Ou serán os novos parásitos sociais?
Antes, na ditadura, enriquecíanse os "señoritos" afíns ao réxime; polo menos agora aos "señoritos" elixímolos nos. Algo prosperamos, ¿non?. Pero xa sabedes, en canto non saen elixidos, saen caros (máis caros).
Eu creo que mexan por nos, pero négome a dicir que chove.
1 comentario:
Un título moi acertado con un "pero" ¿por qué lle poñes interrogación?, quedaría mellor así ¡mexan por nós!.
Unha aperta.
Publicar un comentario