21.5.08

Bar de Jes


Esta entrada é so para dar un pouco de publicidade ben merecida. O Bar de Jes xa ten web. Visítaa

15.5.08

130ª Entrada e..., ¿última?

Me ha disxo mi primo que lo del cambio climático... es una patraña!

Este vídeo é da NASA-GISS e reflexa a temperatura terrestre dende o ano 1884.


Por publicar algo
:-(

8.4.08

Entérrannos?

Determinados días ao ano e a determinadas horas, o tráfico é lento e caótico en Pontedeume. Os grandes "pensadores" que se puxeron a tentar amañar o asunto decidiron que para evitar as retencións, que mellor que unhas rotondas pegadas á ponte que dá nome á nosa vila. O problema é que, aínda que as rotondas poderían aliviar algo (non todo) do caos circulatorio, teriamos que seguir con semáforos para que a xente poidera cruzar da zona de Ricardo Sánchez ao casco vello (ou da zona do paseo marítimo á do porto) co cal o problema das retencións seguiría igual.

Solución: Se os problemas son os peóns, enterrámolos!. Unhas boas fosas para que paseen baixo terra e teñan perigos, humidades e suciedade. (Se para máis dámoslles emocións fortes)

Os coches tranquilamente á luz do día e os transeuntes baixo terra. Quen dí que Pontedeume segue a ser unha vila medieval? É moito anterior, recupera as catacumbas.

O que está claro que non será a mellor solución, pero si é a máis fácil. O que non sei é se é a máis barata: unha saída da autoestrada en Vidrieiro coa peaxe libre entre ela e Cabanas, ¿será moito máis cara que os pasos soterrados? ou ¿hai alguén que deixaría de gañar tanto?.

NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Se estades en contra deles, anímovos a que nos comentarios poñades, cando menos, NON AOS PASOS SOTERRADOS!

Sincreíble?

6.3.08

Cidadanía en contra da Educación?

Artigo longo e difícil de ler.
Pero... Por favor, comentade algún aspecto que credes que non se debería tocar na escola:

Educación para a cidadanía (2º ESO, alumnado de 13 anos)

Contidos:
Bloque 1. Contidos comúns.

  • Identificación de problemas actuais, a súa conceptualización e reflexión argumentada.
  • Análise comparativa e avaliación crítica de información proporcionadas polos medios de comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade.
  • Prácticas de exposición (oral e escrita) das ideas propias ou dos resultados das lecturas e da información obtida a través de diversos medios.
  • Preparación e intervención en debates, sobre aspectos relevantes da realidade social, considerando as posicións e alternativas existentes e desenvolvendo unha actitude de compromiso para a súa mellora.
  • Utilización do diálogo como estratexia para a identificación dos conflitos e a solución dos problemas.
Bloque 2. Relacións interpersoais, convivencia e participación
  • Comprensión e incorporación dos conceptos de amizade, fraternidade, dignidade, sinceridade, agradecemento, cordialidade, diálogo, etc., básicos para a convivencia.
  • Recoñecemento e valoración da convivencia familiar como un sistema de comunicación e cooperación entre xeracións. Posibles disfuncións: análise e busca de solucións compartidas.
  • Recoñecemento e valoración da amizade como un sistema de comunicación e cooperación entre iguais.
  • Valoración e uso do diálogo como instrumento para a prevención e resolución de conflitos nas relación entre iguais e nas relacións interxeracionais.
  • Análise da importancia da sexualidade na vida humana, da necesidade dunha regulación ética das relacións sexuais baseada no respecto e na equidade e prevención de prácticas de risco.
  • Valoración crítica da división social e sexual do traballo e rexeitamento de prexuízos racistas, xenófobos, homófobos e sexistas.
  • Axuda a compañeiras, compañeiros e, en xeral, a persoas en situación desfavorecida e responsabilización no coidado das persoas dependentes.
  • Participación no centro educativo e en actividades sociais da comunidade como aprendizaxe dos deberes cidadáns. Especial incidencia na mediación e acollida de alumnado inmigrante.
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns.
  • Identificación e exercicio dos deberes e dereitos que teñen como alumnado dun centro.
  • Coñecemento e manexo da Declaración universal dos dereitos humanos, asunción dos deberes e responsabilidades que dela se derivan e valoración do proceso de recoñecemento e proclamación dos dereitos humanos como unha conquista histórica inacabada.
  • Recompilación de información sobre os distintos tipos de documentos que recollen a lexislación internacional sobre os dereitos humanos (declaracións, pactos, convenios...) e sobre os mecanismos de control e protección dos acordos.
  • Recoñecemento da igualdade das persoas en dignidade e dereitos, identificación e condena de situación de violacións dos dereitos humanos e coñecemento dos recursos para denunciar e combater a violación dos dereitos.
  • Valoración das diferenzas de xénero como enriquecedoras das relacións interpersoais. Coñecemento dos dereitos das mulleres na nosa sociedade actual e a loita pola súa consecución. Recoñecemento da igualdade de dereitos de mulleres e homes e identificación e rexeitamento das situacións de discriminación de feito das cales aínda son vítimas as mulleres.
Bloque 4. Democracia e cidadanía.
  • Identificación do sistema de dereitos e deberes como base da convivencia política. Valoración do exercicio dunha cidadanía activa, que coñece os seus dereitos e asume as súas responsabilidades. Os sistemas de votación democrática.
  • Identificación das principias institucións e dos conceptos fundamentais que definen un sistema democrático.
  • Identificación e coñecemento dos principios, dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución española e no Estatuto de autonomía de Galicia. Identificación e valoración das diversas formas de participación cidadá: cooperación, asociacionismo e voluntariado.
  • Valoración da política como servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. Información sobre a estrutura e funcionamento da protección civil e coñecemento do seu papel na prevención e xestión dos desastres naturais e provocados. Os sistemas de votación democrática.
  • Asunción da responsabilidade cidadá: identificación e aprecio dos bens comúns e servizos públicos. Valoración dos impostos como a contribución dos cidadáns aos gastos e investimentos públicos e como instrumento para a distribución da renda e compensación das desigualdades.
  • Reflexión sobre as causas, avaliación das consecuencias dos accidentes de circulación e implicación na súa prevención.
  • Coñecemento dos dereitos e deberes que implica o consumo, planificación de condutas e adquisición de hábitos de consumo racional e responsable compatible coa sustentabilidade.
  • Observación do impacto das actividades individuais e colectivas sobre o ambiente e valoración da responsabilidade polo seu coidado.
Bloque 5. Cidadanía en tempos de globalización.
  • Valoración da diversidade social e cultural como enriquecedora da convivencia nunha sociedade plural. Identificación dos elementos culturais propios que poidan estar en perigo nun mundo globalizado e posibles solucións
  • Identificación de situacións de violación de dereitos e sensibilización fronte ás necesidades de colectivos e grupos desfavorecidos. Planificación de iniciativas encamiñadas á construción duna sociedade máis xusta e solidaria.
  • Identificación dos principais conflitos no mundo actual e sensibilización ante as situación das persoas que sofren directamente as súas consecuencias. Información sobre o papel dos organismos internacionais e as forzas de pacificación na prevención e resolución dos conflitos. Identificación e valoración das acción individuais e colectivas a favor da paz.
  • Análise e valoración da influencia das novas formas de comunicación, información e mobilidade no establecemento de relacións globais entre as persoas de diferentes lugares do mundo e das consecuencias da globalización económica.
  • Sensibilización ante as desigualdades: riqueza e pobreza. Coñecemento de iniciativas encamiñadas á loita contra a pobreza e a axuda ao desenvolvemento.
Vistos estes contidos (extraídos sen engadir nin quitar nada do Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia), non credes que poderían obxectar a calquera materia do currículo?

E ti, a que obxectas?
A Matemáticas?
A Bioloxía?
A Historia?
...

25.2.08

SER ou non SER?



Para cadea que non malipula: A COPE

19.2.08

Si, teremos que volver

A resposta foi rápida do Conselleiro de Medio Ambiente: Manifestación de "oportunistas", "politicamente pouco defendible", que a ver "onde estaban cando gobernaba o PP".

Hoxe eu pouco lle vou preguntar ao señor conselleiro, deixo que pregunte e resposte Marcos

Unha única pregunta: A que sería vostede capaz de asinar este manifesto, se estivera na oposición, para obter rédito político?

Pena de políticos... coa ilusión que tiñamos despois de tantos anos escuros, seguimos igual (ou peor porque non vemos alternativas). :-(

17.2.08

Teremos que volver?

Seguramente si teñamos que volver.
É posible que ao bipartito non lle chegue o clamor de hoxe en Compostela para variar o seu equivocado rumbo e facer unha defensa efectiva e real do territorio.
Xentes chegadas de todos os rincón da Galiza, de todas as idades e de todas condicións berraron xuntas: Goberne quen goberne, Galiza Non Se Vende.
Podedes ler en Vieiros e nas edicións dixitais de El Correo Gallego ou La Voz de Galicia reseñas da Mani-Festa-Acción.
BubbleShare: Share photos - eco-friendly toys

12.2.08

10.2.08

6.2.08

Días de espuma, pintura e pólvora?

De verdadeira vergoña como quedou a vila despois destes días de Antroido.
As tradicións mudan e hoxe os rapaces divírtense tirando petardos ou manchándose uns a outros (cando non aos transeúntes) cuns botes de espuma que despois tiran polas rúas. É aceptable que entre eles se divirtan coa espuma. Non o é tanto que usen petardos, polo perigo que conlevan. Non é nada aceptable que manchen escaparates, coches e transeúntes coa espuma ou con pintura e que deixen todos os restos tirados polas rúas.

Pero hoxe non me vou parar a escribir sobre suciedade ou falta de limpeza. O meu ánimo non é outro que tentar que non ocurra algún accidente máis grave que non se arranxa con mangueira ou con escoba. Animo a pais e nais a que eduquemos mellor e que vixiemos (dicir isto non é politicamente correcto, pero...) o que fan os nosos pequenos, sobre todo cando fan cousas perigosas (ver vídeo)...



Esperemos que non teñamos que lamentar unha desgraza.
Culparemos despois ao Concello?

31.1.08

PonteSdeume?

Lido en La Voz de Galicia:
[...]El Ministerio de Fomento ha adjudicado ya la instalación de dos rotondas con las que sustituir los semáforos que provocan, principalmente en verano, kilométricas retenciones. Para esto, a la misma salida del puente de piedra se eliminarán los semáforos para instalar una rotonda que dividirá el tráfico entre la carretera nacional y la entrada hacia el puerto. A escasos metros, a la altura de la estación de servicio, irá la otra rotonda, más pequeña que la primera. A la actuación, que se realizará en un año, según confirmó ayer el edil eumés de Tráfico, Javier Crespo, y costará algo menos de un millón de euros, se suman sendos cruces peatonales subterráneos con los que se prevé quitar de la superficie el paso de personas a pie.

No obstante, la colocación de las rotondas provoca ciertos recelos en la villa. Pese a reconocer que la medida será beneficiosa para el municipio, desde el gobierno local se entiende que no se trata de una solución definitiva a los problemas de tráfico que sufre Pontedeume, ya que ambas rotondas se encuentran bastante juntas y una de ellas es pequeña. «Depende da outra», explicó ayer Crespo, «e cando pase algo nunha delas a outra sufrirá o atranco», agregó el concejal del PP.

En cualquier caso, los populares apuestan por construir un sistema vial similar al paso de la nacional sexta en la entrada hacia A Coruña por O Burgo, con incorporaciones a distinto nivel sin apenas frenar la circulación. También reconoce el edil que «temos que empezar a pensar en ampliar o ancho da ponte, ou mesmo construir unha nova».[...]

Iso: Os peóns baixo terra para que non lles estorbemos aos coches!
Imaxinades en que se converterán eses pasos subterráneos as noites da fin de semana?. Imaxinades como quedarán de pulcros o resto da semana?. Eu prefiro cruzar polo medio da rotonda.

Para rematala: Ampliar o ancho da ponte ou construír outra!
A ninguén se lle ocurre pensar en esixir a eliminación da peaxe para rodear Pontedeume e eliminar o tráfico pesado?
Eu non podo nin imaxinar que non se lles ocurrira esta outra solución, o que non comprendo é porque din a maior barbaridade posible. Será para alimentar os blogs locais?

25.1.08

Un bo día para ir a Compostela

O vindeiro 17 de febreiro todos e todas a Compostela a defender o noso territorio. Vémonos!

16.1.08

Carta aos votantes indecisos:

Estimados e estimadas cidadáns e cidadás:
Hoxe escoitei pola radio que nas vosas más, ou mellor dito nas vosas papeletas, está o futuro goberno deste quebrado (según algúns) estado. Seica hai moitos votantes, do que se dá por chamar centro, que non saben cara a onde inclinar a papeleta, e outros votantes de esquerdas que non se deciden, primeiramente se van votar; e despois a quen van votar (ese que chaman voto útil ou non) . O que sí está claro é que os de dereitas teñen as cousas claras e achegaranse a depositar o seu voto sen reparos.
Non é a miña intención facer campaña a favor de ningún partido, pero vou desbarrar un pouco das miñas inquietudes e dos meu temores.

A dereita (cada vez máis ultra) deste quebrado (según eles) estado leva catro anos atacando sen pudor por calquera cuestión que o goberno desenvolva, sen reparar no fondo do asunto ou sen advertir que, en moitos casos, eles mesmos fixeron ou farán o mesmo:

  • Negociación con ETA e política antiterrorista (tiñan medo que iste goberno lograra a paz)
  • Outra vez a colación a lei do divorcio (algún deles divórciase compulsivamente, será por iso que din que defenden a familia; efectivamente, algún deles ten máis de tres "familias")
  • Unión (seica matrimonio non lles gosta) de homosexuais
  • Política exterior débil (será porque nos apartamos do todopoderoso EEUU)
  • Economía débil (cando é de toda Europa ou de todo occidente)
  • ...
NON a todo e contra todos (aínda que súa visión é a de que están todos contra eles).

Rajoy non deixa de ser un ¿moneco? que non soubo ou non se atreveu a soterrar aos Acebes e Zaplanas que o rodean e que seguen o que lles marca o, todavía, xefe Aznar. Case seguro que despois das eleccións, se as perden, este núcleo duro do PP, rifaranse os anacos do defenestrado Mariano.
Se algunha esperanza lle quedaba de atraer votos de centro ao nacionalista partido español, era a de incorporar ao alcalde de Madrid ás súas listas, pero, como non, Mariano baixou os pantalóns e agarrouse o pizarro pero creo que descuidou o cu.

É por iso que, estimados indecisos de centro, penso que debedes de pensalo ben antes de inclinar a vosa balanza cara á dereita, xa que, ademais de perder o norte, deben perder tamén o centro. E vos, queridos indecisos de esquerdas, polo menos debedes de ir votar, tedes que ser tan fieis como os de dereitas, que aínda que en moitos casos renegaban da democracia, á hora de achegarse a votar, parecen demócratas de toda a vida.

Se entre todos conseguimos que perdan estas eleccións (que ben merecido o teñen) poderemos lograr que recapaciten, analicen e se convenzan de que esta política non leva a nada e cambien o rumbo. Iso sería bo para todos.

Se, pola contra, gañan; ídevos facendo amigos dalgún clérigo (aínda debe quedar algún cura bo cristiano de esquerdas) para que, alomenos, vos pillen confesados.

Pd: Se, estimado lector, eres votante de dereitas, non te irrites nin te cabrees, xa que a misiva non iba dirixida a ti e non deberas leela.

Unha aperta

12.1.08

Chunda, chunda?


¡Viva España!
Cantemos todos juntos
con distinta voz
y un solo corazón (moi logrado o das distintas nacionalidades e autonomías)
¡Viva España!
desde los verdes valles (O cambio climático pode arruinar o himno, aínda que se hai moita xente que o cante, ben seguro que choverá de abondo)
al inmenso mar, (Boto a faltar a Meseta)
un himno de hermandad (Polas críticas que leo, de hermandade NADA)
Ama a la Patria (A que Patria?)
pues sabe abrazar,
bajo su cielo azul, (E ás veces gris, eh!)
pueblos en libertad
Gloria a los hijos
que a la Historia dan
justicia y grandeza
democracia y paz (Hai algúns fillos de ... que pouca xustiza, democracia ou paz deron ou dan á Historia)
Canta CASPA
Que me perdoe o autor por non nomealo, pero é que non recordo o nome (ben podería ser Leonardo Dantés)

A min, postos a airear CASPA, gostábame máis aquel que (cando eramos mozos os da miña quinta) dicía:
Franco, Franco, (pode ser que se refira a algún francés, non o sei)
tiene el culo blanco
porque su mujer (creo que se chamaba Camen e era do Polo norte ou sur)
se lo lava con Ariel...

De todos modos non vos preocupedes xa que os himnos teñen éxito se os cantan os futbolistas e a maioría deles non son capaces de aprenderse nin unha estrofa. Seguramente seguirase a cantar Chunda, Chunda...
En fin, bou ingresar algo na conta da SGAE por aproveitarme destas obras de arte.