27.3.07

Amantes da natureza?

Isto é o que fan a maioría destes artefactos polos camiños, estradas, montes e ata praias. O vídeo parece ser que (según aparece en YouTube) é en Portovello-Doroña, pero aínda que non sexa na zona, o exemplo sería extrapolable. Aínda que os hai respetuosos creo que, desgraciadamente, son minoría.

Non se pode estar tranquilo nin paseando polo monte?

É isto legal?

É isto moral?

É isto respeto ao medio natural?

Creo que algúns deles mesmos fanse chamar quadtreros.

25.3.07

Super...Agras?

Derrubar o mercado? Se ata o apoiaba Fraga
O PXOU custa 50 millóns? Vai quedar ben..., niquelado
A obra de D. Pablo está paralizada? Será porque non cambia de sitio
Temos un gran concelleiro de urbanismo? Que, como, cando, onde?
Encargado de Policía Local, Seguridade Cidadá e Servizos? Iso o explica case todo
No servizo de limpeza: FALTA PERSOAL? Que a tire Epi
"Durante catro anos estiven sempre ao servizo da vila e nunca miro a cor dunha persoa que me pide unha cousa, non a Chacho, senón ao Concello"??????????????

Chacho no país das marabillas ou das marbellas?
Vaia xeito de rematar a fin de semana, poiden pasar directamente aos anuncios por palabras

15.3.07

Tranquilidade?

Creo que estou máis tranquilo.
Ou non?. Non sei.

Acabo de ler un boletín sobre a crónica municipal 03 - 07.

Observo con incredulidade ou estupor ou admiración que nestes últimos anos houbo xente (¿altruista?) que:

  • Potenciou a igualdade
  • Mellorou a atención dos maiores
  • Traballou coa xuventude
  • Exerceu con dignidade e firmeza
  • Moveuse polo deporte
  • Defendeu o ensino público
  • Promoveu o asentamento industrial
  • Ampliou a prestación sanitaria
  • Dinamizou a cultura
  • Mellorou o urbanismo
  • Coidou as nosas infraestruturas viarias

É evidente que a miña inquedanza polo deterioro da vila era infundada. Quedo máis tranquilo. Ben seguro que o problema era de mala información... (malditos blogs do carallo!)

¡Pero non!, Non é todo alegría! Agora que o penso ben, é terrible o alto que deixaron o listón! Parece que sexa imposible facelo mellor!. Os seguintes van ter moi difícil acadar tan altas cotas. ¿Que pasará se o fan peor?. Eu que pensaba que facelo peor era imposible e desexaba que cambiara o goberno local; e agora estou angustiado coa posibilidade de que algo poida ir peor.

Esto é un sinvivir.

Vou polo tranquimazín...

6.3.07

Se tivera unha escoba?

Hoxe igual ou peor.
Xa é evidente a falta de educación e civismo.
Parece que tamén falta exemplo, autoridade (espero que a ninguén lle asuste esta palabra e salga con recordos do pasado) e disciplina (idem).
Ao mellor, como dicía un comentario anónimo na anterior entrada sobre este asunto, trátase dunha adaptación ao medio que os rodea (véxanse imaxes anteriores sobre a suciedade deste pobo).

Non sei que dicir:
Pena?
Asco?

Por que non poñerlles unha sanción non económica? (PISTA: obrigalos a barrer)

A ver se vos estades máis inspirados, eu estou moi canso. Voume durmir. Ata outra.

Confirmado?




No anterior comentario sobre os almacéns preguntábame: Almacéns de que?.
Está case que confirmado: DE MERDA?

5.3.07

Faltan luces?

Aportación dun internauta eumés.
O amigo teterella fixome chegar un correo coa imaxe e o texto que vos poño a continuación:

Pasado xoves 1 de marzo pola noite e xa dende hai máis dun mes a Rúa dos Ferreiros presentaba a imaxe que vedes na foto anexa. Non se trata só de que haxa unha ou dúas bombillas fundidas. A gravidade do problema radica en que leva un mes así e o servizo de mantemento (privatizado) non foi quen de arranxalo, imaxino que contaxiado pola terrible desidia que padece o noso concello.
Isto non é máis cunha mostra do que está a pasar co alumeado público da nosa vila. En próximos días publicarei nesta mesma páxina sendos informes que fixen chegar ao noso alcalde nos que, con varios meses de separación, se pode apreciar o defectuoso estado de mantemento de máis de trinta farolas (algunhas con serio perigo) da vila. Non só as farolas aparecen nos dous informes no mesmo estado senón que a día de hoxe a maioría seguen sen ser reparadas. E mentras tanto os nosos políticos e o Concello andan ás voltas coa posible privatización do servizo de recollida de lixo xa que dende o sector público non se consiguen os resultados desexados. O problema non está no carácter público do servizo (a proba a tedes no privatizado servizo de mantemento do alumeado público) senón nos responsables dos mesmos. É exactamente igual de fácil deixar de facer o traballo no sector público que no privado se ninguén esixe nada. Penso que o problema de fondo é de xestión e de coordinación.

A quen lle faltan luces?

1.3.07

Obxección democrática?

Increíble a "espantada" dos nosos deputados no Congreso cando tiñan que escoitar o descurso dun parlamentario (Francisco Rodríguez. BNG) sobre un problema da nosa bisbarra.



Ao marxe de estar en acordo ou desacordo co plantexamento do deputado do BNG sobre a solución de Navantia Fene, non teñen a maioría de "señorías" respeto e educación para escoitalo?
Como se pode ter tanta cara?
Por que cobran estes deputados?
Serán obxectores democráticos?
Ao mellor os electores debéramos ser obxectores electorais á vista da clase política que padecemos.