15.3.07

Tranquilidade?

Creo que estou máis tranquilo.
Ou non?. Non sei.

Acabo de ler un boletín sobre a crónica municipal 03 - 07.

Observo con incredulidade ou estupor ou admiración que nestes últimos anos houbo xente (¿altruista?) que:

  • Potenciou a igualdade
  • Mellorou a atención dos maiores
  • Traballou coa xuventude
  • Exerceu con dignidade e firmeza
  • Moveuse polo deporte
  • Defendeu o ensino público
  • Promoveu o asentamento industrial
  • Ampliou a prestación sanitaria
  • Dinamizou a cultura
  • Mellorou o urbanismo
  • Coidou as nosas infraestruturas viarias

É evidente que a miña inquedanza polo deterioro da vila era infundada. Quedo máis tranquilo. Ben seguro que o problema era de mala información... (malditos blogs do carallo!)

¡Pero non!, Non é todo alegría! Agora que o penso ben, é terrible o alto que deixaron o listón! Parece que sexa imposible facelo mellor!. Os seguintes van ter moi difícil acadar tan altas cotas. ¿Que pasará se o fan peor?. Eu que pensaba que facelo peor era imposible e desexaba que cambiara o goberno local; e agora estou angustiado coa posibilidade de que algo poida ir peor.

Esto é un sinvivir.

Vou polo tranquimazín...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un 10. Noraboa