1.3.07

Obxección democrática?

Increíble a "espantada" dos nosos deputados no Congreso cando tiñan que escoitar o descurso dun parlamentario (Francisco Rodríguez. BNG) sobre un problema da nosa bisbarra.



Ao marxe de estar en acordo ou desacordo co plantexamento do deputado do BNG sobre a solución de Navantia Fene, non teñen a maioría de "señorías" respeto e educación para escoitalo?
Como se pode ter tanta cara?
Por que cobran estes deputados?
Serán obxectores democráticos?
Ao mellor os electores debéramos ser obxectores electorais á vista da clase política que padecemos.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

desenganémonos de que o único debate parlamentar que lles interesa aos deputados é o que sae na tele, cando o pp bombardeo a preguntas ao ministro de xustiza na súa primeira intervención no parlamento do estado, os escaños estaban cheos, pola repercusión mediática do evento e polos votos que se poidesen pescar; pero cando se tratan de temas que realmente afectan aos cidadáns a desidia é total; pódese estar de acordo ou non ca proposta, pero que é un tema de interese estratéxico para a bisbarra é innegable

Anónimo dijo...

Detras deste peche a perpetuidade de Astano, ainda coas inexistentes restriccións da CEE hoxe en dia, hai no fondo por unha beira un claro interes do PSoe de favorecer a Puerto Real, e por outro un desarme economico intencionado de Galicia que permita e facilite a entrada do capital especulador da construcción salvaxe disfrazado de salvador da economía galega.

Anónimo dijo...

Es lamentable. Insultante para los grupos minoritarios del congreso. Desgraciadamente no es nuevo. Cuando hablan Zp o Rajoy todo el mundo está presente, no vaya a ser que no salgan en la tele, incluso aplauden, abuchean dan golpes en el estrado se insultan. Menudos comepollas y perdon por usar el insulto en este blog tan respetable.

Dende A Coruña, un veciño de Pontedeume que observa cada mañá con atención o teu blog. Ánimo e segue así.

JCP