Tranquilidade?
Creo que estou máis tranquilo.
Ou non?. Non sei.
Acabo de ler un boletín sobre a crónica municipal 03 - 07.
Observo con incredulidade ou estupor ou admiración que nestes últimos anos houbo xente (¿altruista?) que:
- Potenciou a igualdade
- Mellorou a atención dos maiores
- Traballou coa xuventude
- Exerceu con dignidade e firmeza
- Moveuse polo deporte
- Defendeu o ensino público
- Promoveu o asentamento industrial
- Ampliou a prestación sanitaria
- Dinamizou a cultura
- Mellorou o urbanismo
- Coidou as nosas infraestruturas viarias
É evidente que a miña inquedanza polo deterioro da vila era infundada. Quedo máis tranquilo. Ben seguro que o problema era de mala información... (malditos blogs do carallo!)
¡Pero non!, Non é todo alegría! Agora que o penso ben, é terrible o alto que deixaron o listón! Parece que sexa imposible facelo mellor!. Os seguintes van ter moi difícil acadar tan altas cotas. ¿Que pasará se o fan peor?. Eu que pensaba que facelo peor era imposible e desexaba que cambiara o goberno local; e agora estou angustiado coa posibilidade de que algo poida ir peor.
Esto é un sinvivir.
Vou polo tranquimazín...
1 comentario:
Un 10. Noraboa
Publicar un comentario