2.10.07

Moitas solucións, ¿algunha boa?

Pavillón
Colexio
Recheos
Plataformas con pilastras
Fachada marítima
Millóns para o porto
Falta de espazo
Aparcamentos
Marisqueo

Palabras e expresións escoitadas ata a fartura estes días na vila.

Poderían as administracións pensar máis aló das próximas eleccións e deseñar un porto e unha vila pensados á longo prazo?, unha vila sostible?

Á vista das imaxes:

Estades seguros que non había unha solución mellor para facer os almacéns?
Estades seguros de que non hai espazos suficientes para facer os edificios que se pretenden e, mantendo aparcamentos, non ter que rechear nada?

En fin, que falen os técnicos (moitos) e os políticos que escoiten, pero, sen non fose tan caro, ao mellor debiamos tirar todo e volta a empezar...

2 comentarios:

Eumes dijo...

Penso que o que se debería de facer sería escoitar, pero saber tamén o que se está escoitando, porque de pouco me vale si unha persoa escoita e non está a entender o que lle queren decir.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

o que se debería facer é esquecer chapuzas puntuais e facer un plan como deus manda para porto e centro, que integre razoabelmente todas as actuacións a levar a cabo.