5.3.07

Faltan luces?

Aportación dun internauta eumés.
O amigo teterella fixome chegar un correo coa imaxe e o texto que vos poño a continuación:

Pasado xoves 1 de marzo pola noite e xa dende hai máis dun mes a Rúa dos Ferreiros presentaba a imaxe que vedes na foto anexa. Non se trata só de que haxa unha ou dúas bombillas fundidas. A gravidade do problema radica en que leva un mes así e o servizo de mantemento (privatizado) non foi quen de arranxalo, imaxino que contaxiado pola terrible desidia que padece o noso concello.
Isto non é máis cunha mostra do que está a pasar co alumeado público da nosa vila. En próximos días publicarei nesta mesma páxina sendos informes que fixen chegar ao noso alcalde nos que, con varios meses de separación, se pode apreciar o defectuoso estado de mantemento de máis de trinta farolas (algunhas con serio perigo) da vila. Non só as farolas aparecen nos dous informes no mesmo estado senón que a día de hoxe a maioría seguen sen ser reparadas. E mentras tanto os nosos políticos e o Concello andan ás voltas coa posible privatización do servizo de recollida de lixo xa que dende o sector público non se consiguen os resultados desexados. O problema non está no carácter público do servizo (a proba a tedes no privatizado servizo de mantemento do alumeado público) senón nos responsables dos mesmos. É exactamente igual de fácil deixar de facer o traballo no sector público que no privado se ninguén esixe nada. Penso que o problema de fondo é de xestión e de coordinación.

A quen lle faltan luces?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A esa PDA no hay quien la pare... sigue así, un abrazo A.A.

Anónimo dijo...

A cuestión é que Agustín Vilariño fai un par de días afirmaba á pregunta -¿Cómo valora la labor del Gobierno local? "Creo que hicieron un trabajo interesante. Todos vimos mejorar y crecer a Pontedeume. Sigue habiendo deficiencias, pero creo que en estos 20 años se dio un giro copernicano a la política municipal y cambió la fisonomía del pueblo, se le dotó de MEDIOS Y SERVICIOS.
Preguntome onde están esos medios e servicios, dende logo non os vexo na rede de alcantarillado e depuración, recollida de lixo e limpeza de ruas, suministro de auga, iluminación publica, mantenemento de ruas, vixilancia policial, regulación de trafico e aparcamentos, non vexo mellora algunha, estou preocupado empezo a pensar que vou ter que ir ao oculista do PSOE para que me gradue a vista como indica o partido.

Anónimo dijo...

hoxe é día 10 de marzal e segue fundida, levaremos a conta dia a día, ok?

Anónimo dijo...

hoxe é día 11 de marzal e segue fundida

Anónimo dijo...

¿un giro copernicano? este agustín si que é un crack e non ronaldinho