31.12.07

Mitin?

Onte houbo mitin:

O acto comezou coas palabras do cardeal Agustín García-Gasco, arcebispo de Valencia, que criticou "a cultura do laicismo", que cualificou como "unha fraude" que "só conduce á desesperación polo camiño do aborto, o divorcio express e as ideoloxías que pretenden manipular a educación dos mozos", e polo que nos diriximos á disolución da democracia".

Despois tomou a palabra o cardeal e arcebispo de Toledo, Antonio Cañizares, que asegurou que a familia está baixo "amenezas claras e ataques de gran calado", que supón un "ataque grave para o futuro da sociedade".

Rouco Varela cualificou a situación da familia como "o problema máis grave da sociedade", ao enfrontarse a quen "relativizan radicalmente a idea da familia" e a ameazas como "a violencia doméstica e os abortos", estes últimos cualificados como "praga", que "interpelan fortemente ás nosas conciencias".

"Quen obstaculiza a institución da familia, aínda que sexa de forma inconsciente, fai que a paz nacional e internacional sexa máis fráxil", asegurou o cardeal Rouco Varela, quen cualificou como de "valor insubstituíble" o matrimonio entre un home e unha muller, "célula e vital da familia".

O arcebispo de Madrid citou directamente o artigo 16.3 da declaración dos dereitos humanos: "Constatamos tristemente que o ordenamento xurídico español deu marcha atrás con respecto á declaración de Dereitos Humanos da ONU", asegurou Rouco Varela.

"Ofrecemos o noso testemuño, non o impomos", asegurou o cardeal Varela para acto seguido chamar á "evanxelización da sociedade española".

(Ler máis no diario EL PAÍS)

Preséntanse as próximas eleccións ou apoian a algún partido?
A min estas palabras parécenme un abuso e recordanme tempos pasados.
Será que deixamos que abusen de nos, como opina algún deles dos abusos a menores?

Se Xesucristo levantara a cabeza...

...Gentuza, la virgen!!
Asinado: Un ¿mal cristián?

17.12.07

Desfase? (dixital?)

Internet e, en xeral, as novas tecnoloxías son unha ferramenta moi poderosa para a información e o coñecemento, pero debemos ensinar aos novos o seu emprego. Non como se manexan (que nese aspecto dannos mil voltas) senón para que cousas debemos manexalas. Se non conseguimos iso converteremos a Rede nunha web 3.0 de lixo dixital. Non quero recordar nin, moito menos, dar publicidade a algunhas novas aparecidas ultimamente nos xornais que amosan como a xuventude se divirte, tristemente, facendo tolerías perigosas ou maltratando a algún indefenso.

Estamos ante un novo xeito de entretemento da xuventude. Agora estes rapaces (menores e non tan menores) mudaron o xeito de entender o ocio. Ou polo menos o xeito que entendemos os da miña xeración (que xa sobrepaso os 40). Eles son nativos dixitais (non sei se isto ten algo que ver) e, ademais de divertirse en grandes comunidades, precisan gravalo e compartilo todo dando a impresión, en algúns casos, que canto maior é a barbaridade gravada máis satisfacción (ficticia) lles produce. É como se houbera un ÓSCAR ao vídeo máis aberrante ou á foto máis despreciable. Unha grande parte dos vídeos e fotografías de Youtube e Fotolog, respectivamente, son imaxes das novas esmorgas 2.0 e demostran o dito.

É por iso que dubido se as denuncias e imaxes nos blogs locais (este incluído) dos excesos de fin de semana non estarán tendo o efecto contrario ao que pretenden. Se eles mesmos publican os seus desfases, poida que se enorgullezan de saír en blogs de denuncia. (E a semana que ven, quizais, máis...!)

Somos as familias (particularmente pais e nais) as principais responsables de preocuparnos por coñecer o que fan os nosos "benxamíns" nas súas correrías diúrnas ou nocturnas e creo que, en bastantes máis casos dos desexables, esta é unha responsabilidade que se elude. Non creo que non haxa unha boa cantidade dos que ledes este blog que, se saídes un sábado pola noite nunha vila como esta, non vexades bastantes menores en actitudes pouco recomendables...

Como rematar con isto?...
Non sei, pero supoño que os posibles fillos destes mozos estarán un pouco máis controlados polos que hoxe, pais no futuro, campan ás súas anchas. E non penso que sexa por boa educación, senón porque saben dos perigos deste ¿desfase?

26.11.07

Como trocaron?

(E non o digo polas melenas)
Neste vídeo podedes comprobar que, actualmente, o PP e os medios do seu entorno (que non son poucos) empregan o terrorismo única e exclusivamente como moeda electoral.
Mirade o que dicían antes:



Ahhh. Como hemos cambiadooooo, que lejos ha quedadoooo aquella amistaaadddd..

O 9 de marzo: A votaaaar!

18.11.07

Por fin?

Hoxe estou tentando actualizar algo neste blogue.
Xa é a terceira entrada que empezo e non quedei convencido con ningunha das dúas anteriores. Din que á terceira vai a vencida, a ver se é verdade.
Na primeira empecei a escribir sobre a situación da vila: lixo, botellón, casco vello ...Pero que fago, se a eumesfera está atestada de bitácoras que tocan estes temas e mesmo neste blogue xa se tocaron e non se solucionou nada ou case nada.
Na segunda, rato despois, empecei escribindo da memoria histórica dos meus e a memoria histérica dos outros. Pero o feito de pensar nos que se reuniron no Valle de los Caídos revolveume o estómago e tiven que deixalo. Outro texto á ciberbasura.
Nesta última intentona quería facer un chamamento á educación, ao respecto, ao civismo. Un chamamento á política honrada e social. Un chamamento á política pura de esquerdas. Á política natural (din que a natureza é claramente de esquerdas)...

Nada, que non me sale.

Ben, aínda que non é a mellor entrada do mundo, vouna deixar. Hai que actualizar e, a estas alturas, case a calquera prezo. A competencia das bitácoras veciñas fai necesario publicar. Se non publico non sei se poderei durmir.
Ata creo que é a peor das tres. Esta tamén debera ir á ciberbasura.

Cada vez teño máis preguiza para escribir neste blogue! Estou perdendo a esperanza dun pobo modélico, dunha sociedade modélica... (Vaia baixonazo, vou polo Prozac)
Veña, publico, non o penso máis. POR FIN...
...mañá abre Jes. ;-)

4.11.07

Non vos parece...

IMPRESIONANTE?!!!!

3.11.07

QUÉ É ISO DO HALLOWEEN? HAI ALGUÉN QUE O ENTENDA?

Despois duns días de duro traballo social hoxe leín o correo electrónico e unha veciña, e sen embargo amiga, mandoume este texto que quere compartir con todos:

Non se nos estará saíndo das mans tanta globalización?
Explícome:
Onte non estiven na casa ata media tarde. Ao chegar oín na escaleira como uns nenos pedían para o Halloween. Tardaron un par de horas en pedir na miña porta (non sei se eses nenos ou outros). Iban disfrazádos de pantasmas e ó abrirlles a porta déronme a elixir entre truco ou trato, pedinlles que mo explicásen e como non sabían dixéronme que mellor lles dese diñeiro ou me gastaban unha broma. Como eran catro e pequenos deilles 1Euro (sería moi cutre do meu parte?, penso agora) e fóronse.
Hoxe pola mañá apareceu a terraza da miña casa (vivo nun terceiro piso) chea de ovos rotos que tiraran a partir da rúa. Non podedes imaxinar como está todo. Tiven que apartar todas a plantas e limpar afondo a terraza, as fiestras e incluso algunhas plantas.
En medio do meu enfado lembrei unha conversa que tiven cuns nenos na que recoñecían tirar ovos ás casas se cando iban a pedir en Halloween non lles daban nada ou non era o que eles creían suficiente.
E eu penso, Que carallo de culpa teño eu en todo isto?
Por que me teño que pasar media mañá limpando a miña terraza?
E ao final e o máis desesperante: Saberán os pais onde están os seus fillos e o que fixeron? Xustificarano, incluso?
Qué entenderán ese nenos do do que é o Halloween?
Bo, xántome a miña rabia e sigo limpando.

Grazas por escoitarme. Por certo, eu me quedo co Samaín

28.10.07

BNGalescolas?

OLLO: Sempre favorable ao proceso de creación de novas escolas PÚBLICAS infantís, aínda que se fale só nun dos dous idiomas oficiais.
Importante: hai que dotalas dos mellores recursos humáns posibles.
Ao proceso de contratación, mellor ou peor, o menos que se lle pode pedir é transparencia e que haxa igualdade de oportunidades sendo, a preparación dos opositores, a experiencia, e os resultados dunha proba ou exame, os que primen na súa contratación. Os postos públicos NON poden ter a máis mínima dúbida de que se otorgan faltos de equidade e, polo menos, anque a teñan, non pode ser a propia Admministración a que fomente estas dúbidas.
Podedes ler esta nova de El País e, se queredes, reflexionar.

Quere o BNG facer algo parecido ao que criticaba (con razón) das Fundacións do PP?
Ou quere facer BNGalescolas?

26.10.07

COhErencia?

Xa temos alcalde e concelleiros con dedicación exclusiva. Creo que unha vila como Pontedeume ben merece que a lo menos o alcalde e algún concelleiro/a teña un soldo dada a responsabilidade do seu cargo. O que xa non estou tan seguro é que unha vila desta índole sexa merecedora de tres dedicacións exclusivas, pero teñen tempo de demostrar que a merecen e quitarnos a razón aos que pensamos que son excesivas.

Por outra parte, merece reflexión o feito de que os que estaban en contra ou polo menos criticaban continuamente estas dedicacións noutra lexislatura, mudaron as súas opinións e foron capaces de conseguir que os nosos tres representantes locais máis importantes sexan quen de levar un soldo para os seus petos.

Que fixo que a concelleira do COE votara a favor?
Por que o concelleiro máis empecinado no NON, se abstivo?
É isto COhErencia?

Será porque os novos asalariados son eumeses e non pontevedreses?

Espero que os votantes desta formación (non se me ocorre outro xeito máis elegante de chamarlle) estean a tomar nota da súa talla política e moral.

PD.: Tamén espero que, a partir deste momento, poñamos todo o empeño para esixir que os tres súen e merezan os seus soldos e non pase como en anos anteriores que (aínda que "só" foron dous) o levaron co mínimo esforzo.

11.10.07

Día do orgullo?

Hoxe é a festa,.
Hai que saír con bandeiras, celebralo por todo o alto e sacar o orgullo?

Eu estou, en xeral, bastante orgulloso.
Orgulloso de vivir en democracia
Orgulloso de vivir nun ¿sitio? onde a maior parte da xente é tolerante
Orgulloso da avanzada lexislación de igualdade e de servizo social
Orgulloso de que neste territorio todo o mundo, sen distinción, poida legalizar a súa unión
Orgulloso porque hai moita xente que quere desagraviar aos maltratados en outras épocas ou en estas
...
Pero algo decepcionado.
Decepcionado porque haxa xente que non condena a dictadura franquista
Decepcionado porque haxa xente que tenta dividir máis que sumar
Decepcionado por non poder elixir nas furnas ao xefe do Estado
Decepcionado porque hai xente que non admite o diálogo
Decepcionado polos que, dende os seus púlpitos, predican o contrario ao que, teoricamente, deberan
...

En fin, despois deste desbarre vou pola vila dar unha volta que hoxe, ou ben volve Paco pescar a augas eumesas ou, tal vez, ven Mr. Marshall. Creo que uns nacionalistas están que botan fume e outros nazionalistas están que se saen.



Eu, facendo caso a Mariano (por esta vez), vouno celebrar por todo o alto: Vou comer a casa da miña nai (Pilar) que é boa cociñeira e sempre ten viandas exquisitas. O 25 de xullo seguramente o celebrarei co meu primo (Santiago) que me invita a un restaurante. Que o pasedes ben e en paz!

9.10.07

Chegaralles o San Martiño?

Xa non se pode dicir doutro xeito:

Os responsables disto que aparece na imaxe son porcos, pero non porcos dos que andan a catro patas. Case seguro que, incluso, van ergueitos.



En fin, unha pena para a raza humana.

Chegaralles o seu San Martiño?

2.10.07

Moitas solucións, ¿algunha boa?

Pavillón
Colexio
Recheos
Plataformas con pilastras
Fachada marítima
Millóns para o porto
Falta de espazo
Aparcamentos
Marisqueo

Palabras e expresións escoitadas ata a fartura estes días na vila.

Poderían as administracións pensar máis aló das próximas eleccións e deseñar un porto e unha vila pensados á longo prazo?, unha vila sostible?

Á vista das imaxes:

Estades seguros que non había unha solución mellor para facer os almacéns?
Estades seguros de que non hai espazos suficientes para facer os edificios que se pretenden e, mantendo aparcamentos, non ter que rechear nada?

En fin, que falen os técnicos (moitos) e os políticos que escoiten, pero, sen non fose tan caro, ao mellor debiamos tirar todo e volta a empezar...

26.9.07

Far west?




Relato os feitos tal e como mos comentan (perdoade a linguaxe telegráfica):

Cidadán exemplar aparca (ou pousa) o seu flamante vehículo tal e como podedes ver nas imaxes. Calquera vehículo ten serios problemas para pasar; pero un vehículo grande teno imposible. Testemuñas aseguran que xa estaba nesa posición ás 10 da mañá.

Ás 14:40, aproximadamente, veciño indignado (e creo que cívico) chama á Policia Local informando da situación. (Anteriormente outro veciño, seguramente non tan indignado, ponlle un cartel no parabrisas que reza: "Vaia aparcamento, Vaia morro"). Pasadas as 15 horas chega o coche patrulla que queda esperando ata que ás 15:15 (aprox) aparece o dono do coche e, despois dunhas risas cos policias, saca o seu coche do lugar.

Acto seguido policía chama a veciño indignado e dille que xa está arranxado o problema. Veciño pregúntalle pola multa e policia local confesa que arranxou sen multa.

Eu confeso que, sempre que se poida, debese arranxar todo polas boas pero...

...veciño indignado, despois de tantas horas o coche estorbando, pregúntase:

Era o dono do coche coñecido dos policías?
Se o coche fora dun descoñecido poñerían multa?
Volverá o cidadán exemplar a aparcar de xeito parecido xa que lle sale gratis?

Eu pregúntome:

Deixará o veciño indignado de ser cívico e, en vez de chamar á autoridade, esperará a ver se alguén bate co coche e llo raia ou esperará a ver se ven outro veciño máis indignado e menos cívico e lle pincha unha roda?

Esta linguaxe recórdame ao far west.
Pontedeume, ás veces, recórdame ao far west.

20.9.07

Esta é a entrada nº 100 deste blogue

Máis de 150 intelectuais e artistas galegos asinan un manifesto contra Reganosa



Unha boa ocasión para ir ao peirao de Ferrol

Mexan por nos?


Os deputados e senadores tamén atan o seu sobresoldo para cando deixen de ser os nosos representantes. Uns 28000 euros de media de indemnización se non os votamos e, polo tanto, non saen reelixidos.
Indemnizarannos eles a nos pola súa falta ao traballo?
Ou por non cumprir ás promesas electorais?
O primeiro dos nosos representantes debe ser dar BO exemplo.

Non vos parece isto o máis parecido a un atraco?

Ou serán os novos parásitos sociais?

Antes, na ditadura, enriquecíanse os "señoritos" afíns ao réxime; polo menos agora aos "señoritos" elixímolos nos. Algo prosperamos, ¿non?. Pero xa sabedes, en canto non saen elixidos, saen caros (máis caros).

Eu creo que mexan por nos, pero négome a dicir que chove.

17.9.07

Parece que sobran luces?

Outro correo de Eva Mari que segue a colaborar e a mandar denuncias:
Buenas!!! Aqui mando unas fotos del alumbrado festivo del pueblo,puede ser que lo dejen en la calle tirado y que el pobre comerciante tenga que meteralas y sacarlas de su local para que no las roben o rompan? menudo dineral cobraron por ponerlas y ahora van y las dejan al alcance de cualquiera,puede verse el dia y la hora en que han sido sacadas (hoxe ás 8:56), hace una semana que se terminaron las fiestas y el alumbrado navideño que han puesto anda tirado por las calles.

Grazas Eva.

Por certo, vistes como pecharon a Alameda para que non aparquen?: Esperemos que ningún coche ou peatón sufra as consecuencias, porque esa cadea, de noite, é invisible (non poño a foto porque a cadea non se ve).

Mandou AITOR unha corrección ao artigo das luces(18/09):

Bos días:
Escribo polo comentario das luces das festas. Penso que descoñecedes que hai unha serie de luces que son propiedade dos comerciantes desa rúa. Non sei exactamente cales son, pero estou seguro de que as da rúa Real (polo menos da praza do Concello hacia abaixo), e tamén penso que as que saen na foto, na rúa Ferreiros. Son os propios comerciantes os que as gardan ata Nadal, onde se volven a utilizar as mesmas (eso explica o comentario de "alumbrado navideño" de Eva Mari).
Un saúdo e espero que este correo explique o motivo polo que o alumeado anda polos locais dos comerciantes.
Aitor.

Grazas Aitor, Pregúntome descoñecía o dato.

14.9.07

Fóra da ría!

O vindeiro xoves 20, ás 20 horas tedes unha cita na Biblioteca. Proxectarase o documental "El Salario del Silencio" que denuncia o silencio, en torno a Reganosa, que gardan os medios de comunicación.



A proxección está organizada por Fusquenlla

Pranta de gas, fóra da ría!

29.8.07

Novas ¿populares?


O pasado sábado o sr. Fraga (don Manuel) recibiu unha cea homenaxe en Cabanas.


O PP local e o do veciño concello agasallaron ao ex-ministro, ex-presidente da Xunta e actual presidente de honor do PP cunha cea que, como non, debeu acabar cunha queimada caseira (a xulgar pola imaxe do marxe).

Nunca unha cea da bisbarra fora tan nomeada, o sr. Fraga fixo unhas declaracións cun tremendo eco estatal: Falou de sucesión no seu partido!!, levantando ampollas en moitos dos altos cargos populares.


Por outra banda o sr. Torrente decide solicitar á Garda Civil máis presenza (medida que aplaudimos) na vila para os temas de tráfico e ocio nocturno. Pola súa banda a edil Ruth García segue a falar de concienciar, sen prohibir, aos mozos (medida que tamén aplaudimos) para non alterar a orde pública e para deixar os lugares de botellón perfectamente limpos.


Pregúntome:
  1. Preferirá don Manuel a Gallardón ou a Rato?


  2. Parece que finalmente a solución para concienciar pasa por sancionar ¿non?. Ou os gardas civís teñen agora outros métodos de concienciación?


  3. Fai o sr. Fraga queimada de garrafón?


  4. Pagaría esa augardente os seus impostos?


  5. Está Sardiña en "segundo plano" (da foto)?

21.8.07

(Des)Goberno?

O desastre consumase. As pasadas eleccións castigaron aos partidos que (des?)gobernaron durante as últimas lexislaturas (que ben merecido o tiñan); pero deron a chave do goberno a un círculo de amiguetes que nin sequera sabían facer oposición. Moitos dos que esperabamos este divorcio COE-PP non imaxinabamos que fose tan axiña, pero claro, cando un cuspe ao ceo...
Agora o concello de Pontedeume será gobernado en minoría polo PP apoiado por Fernando (5 de 13) co que é previsible que, se non consigue chegar a pactos puntuais, poucas metas poidan alcanzar. O primeiro revés foi o rechazo á proposta sobre os soldos das dedicacións: É que nos ían saír aínda máis caros.

Escoitei xa varias voces dicindo que a culpa desta situación é dos que non votamos a ningún partido (nulo, branco ou abstención), pero creo que teñen máis culpa os partidos políticos "SERIOS" por non saber traballar para Pontedeume, por "fomentar" a aparición de "Partidillos Politiquillos" de grupetes resentidos e cabreados que, sorprendentemente, sacan varios concelleiros e dividen deste xeito do que somos testemuñas; e por defraudar aos seus votantes que esperaban que racharan co pasado.
Señoras e señores do BNG, PP e PSOE, traballen por Pontedeume e, seguramente, nas vindeiras eleccións varran do mapa ao COE, IP, TG, nulos, brancos, ...

Para o final unha pregunta: Non estará Vilariño arrepentido de non ter feito esas declaracións sobre Belarmino antes do 27-M?
Tivo ocasión de facelo e, se así fose, hoxe ao mellor estaría gobernando, non??

14.8.07

Máis sobre a ¿limpeza?

Iste é un correo que recibín hai catro días (literal):

Hola!!!
Bueno, pues lo que quería comentar es algo graciosisimo, yo lo comento y después tu lo cuelgas si lo consideras oportuno.
Esta semana sobre, las 7.45 de la mañana mas o menos,observo con asombro como funcionarios del ayuntamiento están pasándole una regadita a la plaza donde aparcan los taxis (en frente estanco de Miguel) no se como se llama esa plaza, pasan la manguerita a la acera de delante de la cafeteria Martiño, o sea desde banco Pastor, pasando por Martiño, hasta la zona de los taxis. Sólo a esa zona, y digo yo......que pasa con las calles donde hay movida nocturna? no deberia pasarse por esas zonas tambien? Es sabido por todo el mundo que en las zonas de copas las calles quedan de pena, hay calles que la noche del sábado al domingo tan solo han quitado lo mas gordo y las meadas y etc etc ni una manguera han visto. Por ejemplo ......rúa Ferreiros, hay restos aun del fin de semana pasado y por ahi ni una manguera se pasa, digo esa calle pq es la que yo veo diariamente.
Lo dicho......que si se pasa agua por unos lados...pq los otros y mas afectados por la gente de copas no ven agua por lo menos los fines de semana?
Por otro lado hacer un llamamiento a las mamas que dejan libres a sus niños en la plaza del Pan SEÑORAS,QUE LA PLAZA ES DE TODOS Y SI YO TIRO LA BASURA DENTRO DEL CONTENEDOR Y SUS HIJOS LA ESPARCEN POR TODA LA PLAZA,DE QUE VALEN LOS CONTENEDORES? EN CASA LES PERMITEN ESO? PQ NO NOS PREOCUPAMOS DE DARLES UN PELIN DE EDUCACION Y LES HACEMOS DEJAR LA PLAZA COMO ESTABA?Ay ay ay!!! esto me enoja de una maneraaaaaaaaaaaaa!!!! mama suelta a los niños en la plaza del pan o la del convento para poder tomar el cafe en la plaza real y criticar el mal funcionamiento del servicio de limpieza del ayuntamiento,pero no ven que lo que funciona mal es la educacion que en casa reciben y los pobres barrenderos........APECHUGAN CON TODO


Grazas a esta cidadana e aquí queda a súa protesta.
A próxima, si que falaremos do (des?)goberno.

Auga?

Por segundo día consecutivo os habitantes da Avenida da Coruña e da zona de Augabar (ten graza o nome, supoño que se referirá a Auga-mineral-bar) non teñen agua en moi boa parte da mañá.
Infraestructuras obsoletas?
Mala xestión?
Para cando solucións?
Seica houbo quen se duchou con Font Vella.
Non pretenderán renovar toda a canalización a base de parches? (Din que hai máis empalmes que tubería orixinal).
En fin, a sufrir e non se vos ocurra non pagar o recibo...

O próximo día, falaremos do goberno.

13.8.07

Sensibilización?

Aquí tedes a campaña de sensibilización (ou polo menos o comenzo) do Concello para que a xuventude recolla os restos do botellón:


A min creo que xa me sensibilizaron... Estánseme a saltar as bágoas.

Debo dicir que imaxe é do blog SOS Pontedeume, pero dada a importancia da campaña permitinme poñela no meu blog xa que toda publicidade que se lle faga será pouca.

Os efectos da concienciación podedes velos no mencionado blogue irmán.

6.8.07

Torrente?

Lin na Opinión que...

Seica dixo Torrente que descarta multar a quen ensucie durante o `botellón´. O alcalde recoñece que é necesario un maior número de axentes para poder efectuar vixiancia durante a noite e anuncia unha campaña municipal de sensibilización social.

Os efectos do botellón nas rúas de Pontedeume, criticados ampliamente polos vecinos da localidade, non terán unha resposta municipal en forma de sancións aos participantes. O Gobierno local, presidido por Gabriel Torrente, manterá a súa estratexia de levar a cabo unha limpieza inmediata e a fondo dos lugares nos que se lleva a cabo esta práctica, entre os que destaca o entorno dos Almacéns de Raxoi.

"Queremos mentalizar a los jóvenes a base de limpiar", explica o alcalde, quen descarta, polo momento, que o Concello aplique multas a quenes ensucien a vía pública durante estas concentracións xuvenis. Torrente asegura que a situación mellorou nas últimas semanas e que a posibilidade de impoñer sancións tan só se plantearía no caso de que se produxera un incremento das molestias.

O rexidor recorda que a Policía Local só permanece na vía pública ata as 21.00 horas e que a Garda Civil unicamente realiza recorridos esporádicos pola localidade, polo que sería necesario aumentar a plantilla de axentes municipais.

Torrente sinala que polo momento non se produciu ningún altercado con motivo do botellón e que o departamento municipal de servicios sociais proxecta llevar a cabo unha campaña entre os xoves para conciencialos acerca dos perxuicios que causan as reunións ao aire libre os fins de semana, co fin de reducir os trastornos que xeneran ao resto da poboación.


Había un Torrente que se facía chamar "el brazo tonto de la ley"?

Non pode ser o mesmo, verdade?

Pensades que sen sancións pode conseguir algo de limpeza?

Xa sei que non son orixinal co artigo e está moito mellor explicada a problemática aquí, pero non podía deixar de comentar a intervención do ilustrísimo alcalde.

...Eu que quería coller blogcacións...

28.7.07

Desesperación?

Mirade a imaxe:




A verdade é que este veciño que puxo o cartel debe ter a paciencia do Santo Job. Xa non sabe como pedir que non tiren o lixo nesa esquina.
Tan lonxe estará o contenedor?
Arreglarase cunha multa?
Vou ter que volver a insultar aos porcos!

20.7.07

Fábula?

Nunha comunidade de 24 veciños (Rúa 1313 do mexilón) convocan unha reunión para decidir pintar a fachada. Á reunión acoden 21 veciños (é unha cifra espectacular, xa que normalmente acuden non máis de 15 ou 16).

Nas primeiras conversacións queren decidir a cor na que pintarán. Coma sempre hai discusións, caras raras e algúns guiños de complicidade. As posturas son as seguintes:

  • 6 veciños queren pintar de vermello (o 28,57% dos asistentes)

  • 5 veciños queren a cor amarela (23,81%)

  • 10 veciños queren de azul (47,62%)
    • A votación posterior está clara:


    • Pintamos de azul?: Gana o NON

    • Pintamos de vermello?: Gana o NON

    • Pintamos de amarelo?: Gana o NON

    • Hai quen di que debaran pintar de azul xa que son maioría, pero alguén responde que son máis os que non queren o azul.

      Unha voz, que ata agora parecía que se decidía polo amarelo ou polo vermello (xa non recordo despois do lío da reunión), comenta que hai unha cor parecida ao laranxa que pode convencer tanto aos que queren vermello como aos que queren amarelo. Esta proposta gosta aos 11 que non querían azul. Na votación posterior gana o SI a pintar desa cor tipo laranxa.

      Finalmente a fachada, guste máis ou menos, foi democráticamente? pintada de laranxa. O cabreo de algún veciño (normalmente cre que ten razón porque é o que máis alza a voz) é monumental e di que hai que cambiar a lei, e que a cousa non quedará así.

      Pronto empezaron a aparecer pintadas (curiosamente azuis) de protesta e cabreo.

      Será algún veciño "azul"?

      Cal vos parece a fórmula máis democrática?



      PD: Está claro que todo é mellorable, sobre todo se analizamos algúns pactos postelectorais

      17.7.07

      Dous paxaros dun tiro?

      Eu son un dos 13.000 estafados o pasado sábado na praza do Obradoiro.
      A estafa comezou ás 22:30: Estabamos demasiados para ese recinto, había xente que, dada a súa posición, non vía nin escoitaba.
      Por que a organización vende máis entradas das que debera?
      A organización desastrosa!
      Para colmo, cando as previsións ameazaban choiva, colocan un palco descuberto e comezan o concerto. Non deberan suspender antes?
      Por que non saíron os "artistas" a dar explicacións?
      Por que non devolven os cartos ou repiten o concerto nun espazo axeitado?
      Por que o Correo Galego eliminou os comentarios das novas da edición dixital?
      Afortunadamente a desorganización do sábado está a provocar a organización dos afectados; polo que se eres un deles podes visitar este blogue e tamén asinar aquí .
      O teléfono de Cávea producciones (100% de Corporación Caixa Galicia) é o 981988131 e está en Linares Rivas, 30, 3ª planta (A Coruña).

      10.7.07

      É isto aceptable?


      Estase a falar moito últimamente da recollida de lixo. Que se non funciona, que se hai que privatizar...
      Este blogue está a darlle á nova corporación unha marxe de ¿100? días que din que son obrigatorios. Polo tanto este comentario de hoxe non vai dirixido ao goberno municipal nin ao servizo de limpeza, senón que vai dirixido aos veciños de Pontedeume que, día tras outro, tiran o lixo onde non deben.
      Podo asegurar que os contenedores da imaxe non estaban cheos (hoxe martes 10 ás 14:00 horas).
      Por que se tiran as bolsas fóra?
      A roupa, por que non se leva ao contenedor de recollida de roupa (hai un a 200 m)?
      É isto respeto?
      É isto civismo?
      Podemos protestar?
      Temos o que merecemos?
      PORCOS!

      6.7.07

      Dúas peticións máis para o Concello

      • Plis Plas dende Castrelo: "Agua para Castrelo ya!!!"
      • Lupe dende Pontedeume: "levo xa fora da miña terra 17 anos,é unha vergonza ver como a xente que viveu sempre ahí,ahora ten que ver como se vai destruindo un sitio tan fermoso como ese,que ó respeto,a vergonza,é o poucomiramento por conservar,se perdeu,é unha pena."

      2.7.07

      Íntegro ou Integrismo?


      Seguindo coa teima da Educación para a Cidadanía: Artigo de Eduardo Mendoza en El País que pode aportar algo.

      30.6.07

      O galego é cultura?


      O artigo 3 da Constitución establece, no seu punto 1, que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no punto 2, que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
      O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 5, define o galego como lingua propia de Galicia, que os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e que todos teñen o dereito de coñecelos e usalos. Así mesmo, establece que os poderes públicos de Galicia potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e que disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.


      A que ven todo isto?

      Será que algunha nova concelleira quere marxinar o emprego do galego na vida pública, cultural e informativa, eumesa?

      29.6.07

      Educación para a cidadanía?

      Xa hai varias semanas que veño a darlle voltas á actitude dos obispos e a súa "clá" sobre a nova materia que a LOE inclúe no currículo de Primaria e Secundaria Obrigatoria.
      Leería a Conferencia Episcopal o borrador do currículo?
      Pode a igrexa acusar de manipulación e querer impoñer unha doctrina?
      Que pasaría se obxetaran cara ás Matemáticas que demostran que a terra xira en torno ao Sol?
      Ou cara á Historia que fala da Ditadura de Franco?
      Grazas Nacho polo vídeo do Gran Wyoming (creo que se escribe así ou algo parecido)

      28.6.07

      Son todos iguais?

      A parte de estar máis ou menos de acordo coa actuación do goberno, buscade as diferenzas sobre as distintas actuacións de cando uns estaban na oposición e os que agora están:

      “Es conocida mi posición sobre el conflicto de Irak, pero es un día de luto, dolor, cercanía y solidaridad con las familias y las personas que están cumpliendo con su deber al servicio de nuestro país”

      José Luis Rodríguez Zapatero, novembro de 2003, tras o asesinato de sete axentes do CNI en Irak.

      ——————

      “Esto es una vergüenza. Usted decidió que hubiera soldados en el Líbano. Yo le apoyé y le pedí seguridad. Han muerto seis soldados y no llevaban inhibidores. Es una vergüenza. Entre sus responsabilidades está garantizar la seguridad de los soldados”

      Mariano Rajoy, onte no Congreso.

      Son todos os políticos iguais?

      (Extraído de Escolar.net)

      27.6.07

      Novo blog

      Na (como acuñou un bo amigo) eumesfera apareceu un novo (ou non tan novo) blog que se adica a denunciar situacións "raras" da vila.
      Ben merece moitas visitas e o ánimo para que continúe.
      Parabéns!!
      SOS Pontedeume ¡denuncia!

      15.6.07

      Cómico?


      Entrevista a Belarmino en La Voz de Galicia:


      • Se podía haber hecho más (iso seguro, menos imposible)

      • Sobre o PXOM: es una espinita (non será unha coroa de grandes espiñas?)

      • Pontedeume no es Nueva York (se segues ti outros poucos anos, seguro que a rañaceos case que lle empatamos)

      • Si no saben, que se fíen de los funcionarios (Valiente información)

      • Pena de no haber hecho más cosas (Se parecías encantado de non facer nada)

      • No soy hombre de homenajes (Pero, ao mellor, si eres de despedidas: Adioooooooooosss)

      Hai outras cousas sobre as que se poden facer máis valoracións, pero deixollo a o seu partido e ao seu sucesor.

      Meteríase a cómico?

      14.6.07

      Praza do pan patapam?

      A veciña Eva mandoume un correo alertándome da existenza deste bordillo da praza do Pan, onde xa se produceron varias caídas, algunha delas con consecuencias de fractura. Coméntanos, ademais con evidente razón, que esta praza cando chove é unha pista de patinaxe. Non sabiamos desta instalación lúdico-deportiva: patinaxe e caída libre, todo un luxo. E despois din que na vila non hai onde facer deporte.
      Tomará nota a nova corporación municipal?
      Grazas a Eva pola aportación e MOITO COIDADO aos viandantes.

      7.6.07

      Máis peticións?

      • Víctor dende Boebre: Que Pontedeume volte a ser a vila agradábel que sempre foi. Somos moitos os que volvemos tódolos anos a éla (dende moi lonxe as veces) procurando o seu efecto benefactor. Unha verdadeira pena que lle pase o que, por exemplo, a Arxentina, un fermoso reducto do mundo gobernado por unha pila de incompetentes (todos eles). Unha lástima
      • Richi dende Pontedeume: Restauración do casco histórico: casas en ruínas, poñer tódalas rúas cunha misma pavimentación, limpa-las pintadas (que hai poucas), e algún etece máis.

      Cando saibamos quen nos gobernará?, mandarémosllas.

      Podedes seguir aportando nos comentarios. Grazas

      6.6.07

      Só pedides isto?

      De momento hai tres peticións para o novo goberno:

      • Kropotkin dende A Vila: Que asistan a clases de formación cívica, política, social, económica e humanista. A cultura é un ben escaso.
      • Xurxo dende Andrade: Pido oposicións libres para o posto do CHIMPIN.
      • Outro dende Pontedeume: Que informen da existenza do punto limpo. Que sancionen aos que tiran o lixo onde non se debe e cando non se debe. Que sancionen aos que andan cos cans soltos.

      Animádevos a pedir que é gratis

      1.6.07

      Pregúntovos?

      Que lle pides á nova corporación municipal?
      Aproveita para facer a túa petición
      Serán publicados os comentarios que, unha vez revisados, cumpran as normas de educación, respecto e civismo máis elementais. Na publicación aparecerá o nome (vale o alcume) do peticionario.
      Grazas

      28.5.07

      Afiliámonos?


      Os outros datos:
      Abstención: aumentou do 30,6% ao 34% (sempre é unha pena non exercer o dereito ao voto).
      Votos nulos: pasan de 38 (2003) a 72, o que supón un incremento de case o 90%.
      Votos en blanco: pasan de 98 (2003) a 143, aumentaron un 46%.
      Facendo unha lectura igual á que acostuman facer os nosos políticos, estes dous últimos partidos (blanco e nulo) son os grandes beneficiados das eleccións. A súa progresión é meteórica.
      E como o "resto" de partidos locais segan a facer as cousas como ata agora, seguro que nas próximas municipais o partido blanco e o partido nulo arrasan. (Polo de pronto, nestas eleccións xa obtiveron máis votos que TG; e é que non todo vale e decibelos e votos non son proporcionais).
      Partido blanco e partido nulo, ¿opción de futuro eumés?. Afiliámonos?
      Pontedeume unha vila de dereitas?
      PSOE, BNG: Que fixestes ben?

      27.5.07

      Xornadas de reflexión?

      Resultados (ás 22:40):


      Parece que algún debe reflexionar agora.
      Ten, nada máis e nada menos, 4 anos para pensar en que se equivocou.

      Xa analizaremos os resultados con calma e veremos que fai o novo goberno: PP-COE?

      26.5.07

      É isto política?

      Fin de campaña.

      A verdade é que ben merece unha festa, pero debiamola facer os electores que xa non teremos que aturar aos ¿políticos? (onde dan os títulos?) que se tiran os trastos á testa e nos piden que, a lo menos, non votemos ao rival.

      Onte chirigotas, orquestas e comilonadas de valde para todos. Os partidos que, entre outras cousas, pregoan unha defensa da hostelería local, arruinaron a tarde-noite do venres de moitos hosteleiros.

      Pontedeume "americanizouse"?

      Ben, para rir un pouco (non nos queda outra) aquí tedes un vídeo que resume o nivel da política estatal:

      25.5.07

      Dando exemplo?

      Hoxe remata a campaña. Hai festas por todas as esquinas da vila.

      Aquí tedes unha nova para comentar nas churrascadas, mexilonadas e tortilladas convocadas por case todos os partidos:

      Na imaxe tomada hoxe sobre as 13:33 (según o meu teléfono) aparece un coche, aparcado no lugar por un candidato á alcaldía (ou polo seu dobre), que chegou sobre as 13:30 e alí quedaba, ás 13:50, no mesmo sitio. (Sabedes que a esa hora está prohibido aparcar nese lugar xa que é un espazo reservado ao transporte escolar).
      Como podedes comprobar non era o único, pero mal de moitos...




      Dando exemplo?

      Hoxe os policias locais non estaban (?) pero aquí queda a imaxe por se poden... tirarlle das orellas?

      Sairá esta nova no próximo boletín do COE?

      24.5.07

      Promesas?

      Está a punto de rematar a campaña e todos prometen (curiosamente case o mesmo que prometeron hai 4 anos).

      Como eu, dalgún xeito, tamén pido o voto (recordade imprimir a papeleta), pois debera prometer algo (non?). Como non se me ocorre nada que poida cumprir, prometerei algo que cumprirei a medias:

      TREN DE ALTA VELOCIDADE PONTEDEUME - FERROL (viaxe de 3 minutos).

      Comprobádeo:



      Terá truco? ;-)

      22.5.07

      Votamos?

      O vindeiro domingo elixiremos aos concelleiros dos próximos catro anos. Por desgraza haberá 13 persoas (sexan as que sexan) sentadas nos sillóns do salón de plenos que non me dan a máis mínima confianza. Repaso brevemente (xa hai ríos de blogs e comentarios máis en profundidade):


      BNG: Máis do mesmo.

      COE: Non souperon facer, nin sequera, oposición.

      IP: Chacho & Cia... NO COMENT.

      PP: Debo recoñecer que é o partido local máis renovado, pero non deixa de ser o PP (prohíbemo a miña relixión).

      PSOE: Quero (renovar) pero non podo.

      TG: Booooommba...


      Quedan outras tres posibilidades:

      • Abstención: é como unha renuncia ao exercicio democrático (prohíbemo a miña relixión)

      • Voto en branco

      • Voto nulo

      Destes dous últimos eu decántome, como xa comentei aquí, por votalos a todos: Voto NULO.

      A miña papeleta será esta:



      Apúntaste?

      16.5.07

      Mariña de ...?

      Non sei se é para bromas. Pero é un bo xeito de loitar: loitar "mediante a risa".



      Pero, desgraciadamente, como non tomemos medidas máis serias o litoral Galego vai ser parecido ao mediterráneo e parece que queren xeralizalo no noso concello.

      Pretender construír na costa de Ber. Mirade como é ata o de agora:



      Debemos loitar por preservar o NOSO.

      Primeiro en broma e despois en serio?

      Máis información aquí

      15.5.07

      Vaia papeleta?

      A xornada de reflexión achégase. A campaña electoral non me saca de dúbidas.


      Por quen votar?

      É que son un mar de dúbidas. Todos teñen algo ... ¿será un DON?


      Case que me deberían deixar votar a todos, por exemplo cunha papeleta deste estilo:


      14.5.07

      Facémoslle a ola?

      Hoxe mitin. Unhas pinceladas sen ánimo de crítica, ou, mellor dito, si, si con ánimo de crítica, pero constructiva:

      O señor candidato polo BNG á alcaldía do concello de Pontedeume ten todo o dereito a criticar aos outros partidos no seu mitin, ten dereito a vender os seus logros (moitos ou poucos), incluso ten dereito a facer chistes sobre o nome dalgún outro partido. Ten, tamén, dereito a facer ou a que lle fagan publicidade das súas obras e dos seus saberes.

      E ten dereito a criticar aos veciños que temos un blog e recomendarnos que non andemos criticando polos bares ou pola rede e que traballemos por Pontedeume?

      Sr. Rey (desculpe se non é con y e é con i?), os veciños que non nos presentamos ás eleccións temos dereito a cantar nos nosos blogs ou nos "nosos" bares as nosas opinións, as nosas inquedanzas e as nosas críticas. Ten vostede razón en que temos o deber cívico e moral de comportarnos e traballar, dentro das nosas posibilidades, para que a vila mellore; pero un xeito de traballar polo ben dun pobo é OPINANDO. Vostede é o que ten (ao mellor adicándose menos a criticar polos blogs e, case diría que polos mítines -nunca o vin polos bares-) que TRABALLAR POR PONTEDEUME que para iso se presenta voluntariamente e, se sae elixido, cobrará un bon soldo, parecido ao que actualmente xa cobra.

      Recoñecerá que grazas a algúns blogueros eumeses, que lle tocaron os webs a algúns concelleiros, solucionáronse, ou cando menos non se empeoraron, temas que tiñan moi mala pinta e que ían en vías de desastre. E tamén recoñecerá que o seu cargo público implica que ten que someterse ao veredicto dos seus electores (votáranlle ou non).

      Ao mellor os blogueros estabamos fartos de deixar queixas no Concello que ían diretas á papeleira e decidimos facerllas públicas aos nosos veciños, unha transparencia, ista, da que careceu o goberno do que vostede é, ou era, tenente-alcalde. E non dubide que este é un xeito igual de respetable de traballar polo pobo que queremos e que esperamos, ao igual que vostede, se asemelle a un do século XXI.

      Pretende que polo feito de presentarse xa lle debemos agradecemento eterno?

      Quere que lle fagamos a ola?

      9.5.07

      Facémonos socios?

      Sabedes que recentemente se presentou a nova Asociación de Veciños de Pontedeume. Para colaborar con eles dende "Pregúntome", poñemos a vosa disposición o documento para facerse socio.
      Podedes descargalo e imprimilo para presentar debidamente cuberto.


      Para calquera consulta sobre a AA VV de Pontedeume podedes escribir a agarjose@gmail.com

      6.5.07

      Teremos que volver?



      ...Por iso, desde este lugar emblemático de Galicia, queremos lanzar un fío de esperanza e resistencia a todos os reductos do territorio galego ameazado, para xuntos e firmes defender o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.

      Galicia non se vende. Terra viva e vida digna para todas e todos!


      5.5.07

      Deporte ou mitin?

      As miñas máis sinceiras felicitacións aos deportistas eumeses.

      O mérito de Yerai, Alberto, Laura, Marta, Brais, Miguel, Diego e tódolos rapaces e rapazas de Pontedeume é digno de alabanza. O deporte eumés sobrevive apesares de que case non hai onde realizalo. Entidades como Pontumio ou o Eume deportivo que seguen a traballar grazas á dedicación desinteresada duns poucos, merecen o recoñecemento público e sempre será escasa a compensación para os méritos que atesoran.


      Pero así como se lle deron trofeos aos deportistas debemos sacarlle, a lo menos, as cores aos concelleiros. Vaia bombo. Vaia pre-campaña electoral. Vaia mitin. Vaia pena.

      Onde practican deporte os nenos que non se apuntan (pagando) a algunha das escolas deportivas ou a algún club da vila?

      Vaia mérito o de Diego, o ciclista, sorteando aos peóns polo moi escaso carril bici ou xogándose a vida entre os coches. Para cando un carril bici xeralizado para ciclistas?

      Onde están os parques con pistas deportivas para todos?

      Está moi ben iso da gala e felicito ao concello polo recoñecemento público aos deportistas, pero mellor sería tamén que, efectivamente, houbera deporte municipal.

      Ah, sr. Salorio, os mítines a partires do día 11, non lle venda fume aos rapaces. Penoso.

      3.5.07

      Meigas fóra?

      Na páxina do PSdeG-PSOE de Pontedeume aparece o seguinte:

      O NOVO GOBERNO LOCAL E A PARTICIPACIÓN CIDADÁ
      Queremos un Concello competente e de calidade, por iso demandamos máis competencias e medios para poder prestar máis e mellores servizos.

      01/05/2007

      O NOVO GOBERNO LOCAL E A PARTICIPACIÓN CIDADÁ

      Queremos un Concello competente e de calidade, por iso demandamos máis competencias e medios para poder prestar máis e mellores servizos.

      A Carta Europea de Autonomía Local esixe que unha parte substancial dos asuntos públicos, sexan xestionados polo goberno local, baixo a propia responsabilidade e en beneficio dos seus habitantes.

      Algunhas das medidas do bo goberno, que os socialistas queremos garantir dende a nova lexislación estatal e autonómica, como dende o Regulamento propio do Concello son:

      1.- A igualdade de xénero e a paridade.

      2.- A transparencia na vida pública local.

      3.- A rendición de contas públicas.

      4.- A transparencia e vixilancia na contratación pública.

      5.- A loita contra a especulación urbanística.

      6.- A xestión transparente do urbanismo e dos servizos públicos.

      7.- Novas formas de participación cidadá: novos Consellos sectoriais e sociais, etc.

      8.- Oficina de atención ao veciño: queixas, suxerencias, reclamacións, seguimento dos expedientes,…

      9.- Administación intelixente e uso das novas tecnoloxías da información.

      10.- Mellora da xestión do Gasto Público local.

      11.- Oficina de Control Presupostario

      12.- Carta Municipal de Dereitos e Deberes do veciño.

      13.- Dereito á simplificación e axilización administrativa dos trámites perante o Concello. Prazo certo ou razoable na resolución de expedientes.

      A participación cidadá non é unha alternativa á representación, senón máis ben unha condición necesaria para que nosos representantes gobernen con eficiencia.

      Noso compromiso é gobernar para as persoas e coas persoas. Potenciaremos catro obxectivos esenciais para un bo goberno local:

      - Veciñas e veciños informados, activos e responsables.

      - Unha sociedade civil dinámica e plural.

      - Un Concello forte, intelixente e dialogante.

      - E un equipo de xestores e empregados públicos ben formados, e motivado para ofrecer os mellores servizos aos eumeses.

      Que ben soa.
      Todo, todo, todo (ou case) o contrario do actual desgoberno municipal.

      Se é que teñen a oportunidade de gobernar, haberá que recordarlle todo isto máis adiante?

      Eu non son supersticioso pero... son 13 puntos e habelas hainas

      Imos?


      27.4.07

      Hai que dicir que chove?

      Xa se denunciou, desde moitas páxinas, que o asunto da recalificacións dos terreos de Andrade (que non de Einsa) cheiraba moi mal. Fíxose ás costas dos veciños e a costa dos veciños. Dende tódolos medios se denunciaba que ocultaban información. Agora recoñecen que faltaban datos. Resulta que din que o fixeron porque, basicamente, non sabían o que facían.

      O noso rexidor e o seu concelleiro de urbanismo din agora, despois de máis de dous meses, que estaban mal informados.

      Non é obriga del informarse antes de votar algo?

      Non será que mentiron ou, polo menos, ocultaron a realidade?

      Din os da oposición que é unha pena rematar así unha lexislatura, pero realmente unha pena foi toda a lexislatura, por non falar das anteriores.

      O BNG, despois de falar cos propietarios implicados, aínda sacaba peito e dicía: "...foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno..." (a isto chámase botar balóns fóra ou tamén repartir a merda). "...Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal..." (Pero solo dos veciños?). "Creo que non entendedes que, desde hai varios anos atrás, é o propio Concello de Pontedeume o que lle está demandando a EINSA que regularice e que normalice a súa situación. O que se propuxo no Plan Xeral vai encamiñado a isto. Acaso non é a mellor maneira -sen entrarmos en como a autorizaron inicialmente- de que se asente e consolide como industria? " (Esta é a mellor maneira?).

      Mexan por nos e hai que dicir que chove?

      Como era que dicia o da tele?: Sr. Freire, sr. Regueiro, sr. Rei, srs. concelleiros VAIANSE XA!

      22.4.07

      13.4.07

      9.4.07

      Feudalismo?

      Estou anonadado (¿quen era que dicía iso?)

      Algúns veciños de Pontedeume entéranse pola prensa (¿quen era que dicía iso?) de que acaban de recalificar algunhas das súas fincas e INCLUSO VIVENDAS por un interese particular e privado. Unha empresa da vila quere ampliar (ou será diversificar?) o seu negocio a costa dalgúns veciños e a corporación municipal apoia iso por UNANIMIDADE sen consultar nin informar previamente aos interesados. Espectacular!!

      No plano que tedes enriba vese o terreo a recalificar como "terciario-industrial". Deses terreos, na parte azul EINSA (a empresa que pretende a recalificación) é propietaria da maior parte pero non de todo. Da parte verde (que será adicada a zona verde) é propietaria dunha pequena parte. Da parte vermella e alaranxada non é propietaria e será adicada a docencia? e transformación? respectivamente. Espectacular!!

      Non vos soa isto moi raro?

      Non parece que seguimos gobernados por señores feudais propios da idade media?

      Quen defende os intereses dos votantes?

      Co cabreo que hai na vila por iste e outros moitos temas, a partires de agora vai haber máis Botantes e menos Votantes.

      27.3.07

      Amantes da natureza?

      Isto é o que fan a maioría destes artefactos polos camiños, estradas, montes e ata praias. O vídeo parece ser que (según aparece en YouTube) é en Portovello-Doroña, pero aínda que non sexa na zona, o exemplo sería extrapolable. Aínda que os hai respetuosos creo que, desgraciadamente, son minoría.

      Non se pode estar tranquilo nin paseando polo monte?

      É isto legal?

      É isto moral?

      É isto respeto ao medio natural?

      Creo que algúns deles mesmos fanse chamar quadtreros.

      25.3.07

      Super...Agras?

      Derrubar o mercado? Se ata o apoiaba Fraga
      O PXOU custa 50 millóns? Vai quedar ben..., niquelado
      A obra de D. Pablo está paralizada? Será porque non cambia de sitio
      Temos un gran concelleiro de urbanismo? Que, como, cando, onde?
      Encargado de Policía Local, Seguridade Cidadá e Servizos? Iso o explica case todo
      No servizo de limpeza: FALTA PERSOAL? Que a tire Epi
      "Durante catro anos estiven sempre ao servizo da vila e nunca miro a cor dunha persoa que me pide unha cousa, non a Chacho, senón ao Concello"??????????????

      Chacho no país das marabillas ou das marbellas?
      Vaia xeito de rematar a fin de semana, poiden pasar directamente aos anuncios por palabras

      15.3.07

      Tranquilidade?

      Creo que estou máis tranquilo.
      Ou non?. Non sei.

      Acabo de ler un boletín sobre a crónica municipal 03 - 07.

      Observo con incredulidade ou estupor ou admiración que nestes últimos anos houbo xente (¿altruista?) que:

      • Potenciou a igualdade
      • Mellorou a atención dos maiores
      • Traballou coa xuventude
      • Exerceu con dignidade e firmeza
      • Moveuse polo deporte
      • Defendeu o ensino público
      • Promoveu o asentamento industrial
      • Ampliou a prestación sanitaria
      • Dinamizou a cultura
      • Mellorou o urbanismo
      • Coidou as nosas infraestruturas viarias

      É evidente que a miña inquedanza polo deterioro da vila era infundada. Quedo máis tranquilo. Ben seguro que o problema era de mala información... (malditos blogs do carallo!)

      ¡Pero non!, Non é todo alegría! Agora que o penso ben, é terrible o alto que deixaron o listón! Parece que sexa imposible facelo mellor!. Os seguintes van ter moi difícil acadar tan altas cotas. ¿Que pasará se o fan peor?. Eu que pensaba que facelo peor era imposible e desexaba que cambiara o goberno local; e agora estou angustiado coa posibilidade de que algo poida ir peor.

      Esto é un sinvivir.

      Vou polo tranquimazín...

      6.3.07

      Se tivera unha escoba?

      Hoxe igual ou peor.
      Xa é evidente a falta de educación e civismo.
      Parece que tamén falta exemplo, autoridade (espero que a ninguén lle asuste esta palabra e salga con recordos do pasado) e disciplina (idem).
      Ao mellor, como dicía un comentario anónimo na anterior entrada sobre este asunto, trátase dunha adaptación ao medio que os rodea (véxanse imaxes anteriores sobre a suciedade deste pobo).

      Non sei que dicir:
      Pena?
      Asco?

      Por que non poñerlles unha sanción non económica? (PISTA: obrigalos a barrer)

      A ver se vos estades máis inspirados, eu estou moi canso. Voume durmir. Ata outra.

      Confirmado?




      No anterior comentario sobre os almacéns preguntábame: Almacéns de que?.
      Está case que confirmado: DE MERDA?

      5.3.07

      Faltan luces?

      Aportación dun internauta eumés.
      O amigo teterella fixome chegar un correo coa imaxe e o texto que vos poño a continuación:

      Pasado xoves 1 de marzo pola noite e xa dende hai máis dun mes a Rúa dos Ferreiros presentaba a imaxe que vedes na foto anexa. Non se trata só de que haxa unha ou dúas bombillas fundidas. A gravidade do problema radica en que leva un mes así e o servizo de mantemento (privatizado) non foi quen de arranxalo, imaxino que contaxiado pola terrible desidia que padece o noso concello.
      Isto non é máis cunha mostra do que está a pasar co alumeado público da nosa vila. En próximos días publicarei nesta mesma páxina sendos informes que fixen chegar ao noso alcalde nos que, con varios meses de separación, se pode apreciar o defectuoso estado de mantemento de máis de trinta farolas (algunhas con serio perigo) da vila. Non só as farolas aparecen nos dous informes no mesmo estado senón que a día de hoxe a maioría seguen sen ser reparadas. E mentras tanto os nosos políticos e o Concello andan ás voltas coa posible privatización do servizo de recollida de lixo xa que dende o sector público non se consiguen os resultados desexados. O problema non está no carácter público do servizo (a proba a tedes no privatizado servizo de mantemento do alumeado público) senón nos responsables dos mesmos. É exactamente igual de fácil deixar de facer o traballo no sector público que no privado se ninguén esixe nada. Penso que o problema de fondo é de xestión e de coordinación.

      A quen lle faltan luces?

      1.3.07

      Obxección democrática?

      Increíble a "espantada" dos nosos deputados no Congreso cando tiñan que escoitar o descurso dun parlamentario (Francisco Rodríguez. BNG) sobre un problema da nosa bisbarra.



      Ao marxe de estar en acordo ou desacordo co plantexamento do deputado do BNG sobre a solución de Navantia Fene, non teñen a maioría de "señorías" respeto e educación para escoitalo?
      Como se pode ter tanta cara?
      Por que cobran estes deputados?
      Serán obxectores democráticos?
      Ao mellor os electores debéramos ser obxectores electorais á vista da clase política que padecemos.

      26.2.07

      Seguridade para todos?

      Despois de varios acontecementos desagradables por toda a bisbarra nos últimos tempos, resulta que nos enteramos que a Unión de Guardias Civiles denuncia que hai escaso número de axentes para a vixiancia dado que seis están destinados a vixiar ese chalet a borde de praia que o señor Fraga ten en Perbes (ler máis).


      Por que non se paga cada un a súa seguridade privada?

      Non lle chega o soldo?

      Para cando seguridade igual para todos?

      Se se fixera como no Marmolino en Ber, acabaríase con este problema?

      23.2.07

      Educación?

      Esta é unha imaxe habitual neste "apartado" lugar da vila. Sempre hai algunha variada pandilla de rapaces e rapazas consumindo boas racións de lípidos entre outros excelentes alimentos. Non é que esté mal o consumo destas graxas, na súa maioría saturadas, de vez en cando, pero o que non me parece aceptable é como deixan o lugar unha vez rematado o festín. Hai papeleiras moi preto!.
      Por se isto non fose bastante algún veciño, vendo o estercoleiro, deposita a bolsa do lixo tamén no "punto limpo".
      Hai tamén algúns grafitis decorando os muros. En definitiva, ao lugar (como a outros moitos que podedes aportar) non lle falta detalle.

      Por algunha razón que se me escapa?

      Para cando educación?

      8.2.07

      Balance negativo?

      Oito meses preguntándome ou preguntándovos cousas.
      Fagamos un pouco de balance:

      • O(s) can(s) de Pontedeume seguen sen correas e deixando as súas "necesidades" para que as pisemos todos?
      • Os aparcamentos seguen sen existir entón a xente segue aparcando nas beirarrúas co beneplácito da Policía Local?
      • Seguimos co pobo cheo de pedras de abalar? (estaremos en Muxía?)
      • O carril bici é para calquera menos para os ciclistas?
      • A páxina web oficial do concello segue en construcción?
      • Os xardíns de Lombardero só convencen ao goberno local?
      • Os veciños non paran de facer "regalos" ao mobiliario urbán? (tamén o concello: véxase o "porche" do mercado que leva máis dun mes).
      • Seguimos sen farolas no paseo marítimo e as do resto da vila acenden ás horas máis insospeitadas?
      • Moita xente segue a identificar cemento con progreso?
      • O CEIP Couceiro Freijomil segue parado?
      • Os contenedores e arredores seguen tendo o mesmo aspecto deplorable?
      • ...
      Se respostades afirmativamente á maioría destas preguntas, vou rematar cunha pregunta importante:

      Estamos a perder o tempo escribindo e lendo esta e outras webs?

      26.1.07

      Será un partido ilegal?

      Salamanca: O grupo municipal do PP vota en contra nunha moción para retirarlle a Franco o título de "alcalde honorario a perpetuidade" da cidade charra. (ler en El País)

      Poderíase, aplicando a lei de partidos, ilegalizar ó PP (cando menos á agrupación salmantina) por ensalzar, homenaxear e gratificar a ese siniestro persoaxe, responsable de moitas mortes?

      Non ten isto pinta (ou facha) de extrema dereita?

      22.1.07

      Almacéns, de que?


      Na imaxe, unha máis das bastantes meteduras de pata dun (des?)goberno municipal.
      Estes almacéns amañados con cartos públicos cando non eran de titularidade municipal, agora vense relegados ao abandono e, xa desde hai tempo, dan unha impresión deplorable do noso pobo. Evidentemente a culpa de que o tellado e os arredores estén como están non debe ser só do concello.
      Sabedes vos de quen máis é?
      Non pode o concello obrigar a limpalos?
      Non pode vixiar e mirar por eles tendo en conta, ademais, que investíu na súa recuperación?
      Non pode destinar unha partida para, se é necesario, compralos e darlles un bo uso público antes que precisen outra millonada para a súa rehabilitación?

      21.1.07

      Marketing?

      Quen afirma que hai unha crise no comercio tradicional?

      Na imaxe do marxe pódese observar a afluencia de clientes a un pequeno supermercado eumés ás 22:00 horas de onte sábado.
      Todo debe ser cuestión dunha boa oferta e duns horarios flexibles que atraian clientela. Ademais é unha clientela de futuro xa que a maioría dos alí congregados eran menores.
      Que ofertarán para atraer aos clientes?
      Cal é o segredo?
      Seguiremos investigando para que outros negocios poidan poñer en práctica o exitoso marketing deste.

      8.1.07

      Para cando o Colexio?


      Os nosos fillos e mestres están a padecer as incomodidades dun colexio vello, pequeno, sen algúns servizos indispensables e con moitas carencias; chegando incluso a facer uso de barracóns para os máis pequenos. Estas penurias dábanse por boas se a cambio remataban un novo colexio en distintas fases e que debera estar funcionando, alo menos a primeira fase, para o comezo do vindeiro curso 2007-2008. Creo que o curso empezará ao remate da festa das Peras pero, por desgracia, nas condicións actuais xa que as obras do novo edificio están paralizadas. (Para que logo digan que neste concello non se paralizan obras!)

      Cando pensan facelas?

      Vai durar moito esta situación de precariedade?
      Non pensarán en deixar os barracóns definitivos?
      Por certo, falando de barracóns e se alguén os visitou, podería comentarnos que tal están? (Tal e como se está poñendo a vivenda podería ser unha boa alternativa)